Campaña “Do mar vívese”
-
Data
22 Setembro, 2022
-
Hora
11:00 am
A praia da Madalena acolle hoxe xoves un obradoiro da campaña “Do mar vívese”, que desenvolve a Consellería do Mar. Desde as 11.00 ata as 19.00 horas, haberá un posto da campaña atendido por monitores no que se informará aos bañistas, especialmente á xente de fóra, da importancia de respectar a actividade marisqueira e dos perxuizos que causa o furtivismo.
A campaña desenvólvese dun xeito lúdico, con xogos nos que as persoas participantes reciben diferentes agasallos.