Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Brais das Hortas presenta: “Consertasso na horta”

Este evento terminou

O 2 de xullo ás 20.00 h no Parque Floreal.

Grelos e temassos, cun equilibrio variado de formas e estilos – como debe ser nun ecosistema musical diverso e saudable! A Santa Compaña aparécese entre as patacas cantando un trap. Hai unha pulga punk da praia de Liméns. As cabras tiran para o monte e os caracois reivindican o seu ritmo: o reggae.
Entre as cenorias, os lagartos toman o sol ao son dun tumbao -é opropio!- e os kiwis non paran de brotar bailando ska.
Tamén hai sitio para os soños, coma o de ser astronauta, ou para pedirlle axuda ás veciñas para botarlle o sulfato as viñas. E máis temassos entre guitarrazos, charangazos e un lote de instrumentazos máis.
Música e humor para toda a familia.
Letras e arranxos coidados para sementar e apañar risas e ganas de cantar xuntas.