Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Amaltea

Este evento terminou

Venres 21 de xullo ás 21.00h no Auditorio Municipal.

Amaltea é unha agrupación musical na que as diferentes raíces e influencias do seus membros atopan un lugar común. Todos eles afíncanse nos Países Baixos e veñen de formarse profesionalmente en diferentes estilos coma a música clásica, o jazz ou a música contemporánea. Mais a súa pulsión por contar as historias propias a través do conxunto é o que os move a formar Amaltea.
Nesta segunda xira por Galicia presentan temas que aparecerán nas súas vindeiras gravacións así como cancións do seu primeiro álbum.

Entradas:
Taquilla inversa: acceso libre, á saída decides canto queres pagar polo que viches e escoitaches

Reservas desde o luns 17 de xullo:
correo electrónico enrique.vazquez@cedeira.gal
WhatsApp 649 876 614