O departamento de Cultura e Bens de Interese Cultural do Concello de Cedeira atópase na Casa do Concello (rúa Real nº 15), e está dirixido pola Concelleira-Delegada Ermitas García Ríos.
Desde este departamento xestiónanse todos os asuntos relativos ás actividades culturais, así como a biblioteca municipal e locais culturais municipais. Esta área é tamén a encargada do patrimonio histórico municipal.
O departamento de Turismo atópase na oficina de turismo municipal (avenida de Castelao, s/n), e está dirixido pola Concelleira-Delegada Carmela Prieto Cal.
Desde este departamento trabállase na promoción e posta en valor dos recursos e actividades turísticas municipais.