Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

ENTREGA DO PREMIO MULLER DA VILA 2021

Onte, día 8 de marzo, no Auditorio Municipal de Cedeira a Asociación Mulleres da Vila de Cedeira entregou o premio Muller da Vila 2021.

Nesta edición o premio foi parar ás mans das traballadoras do SAF e de servizos sociais do noso concello. Un xeito de visibilizar o encomiable traballo destas mulleres que coidan ás persoas que queremos, aos nosos e nosas maiores, aos nosos e nosas dependentes.

Compartimos aquí o vídeo deste acto que pon en valor o traballo que fan desde servizos sociais e desde o SAF e que tamén ten que facernos reflexionar sobre a necesidade de coidar ás coidadoras.
Parabéns, sodes un orgullo para o noso concello.