Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Concello de Cedeira, ANPA e comunidade educativa apoian a formación profesional no IES Punta Candieira coma opción de futuro

CONCELLO DE CEDEIRA, ANPA E COMUNIDADE EDUCATIVA APOIAN A FORMACIÓN PROFESIONAL NO IES PUNTA CANDIEIRA COMA OPCIÓN DE FUTURO

O xoves 14 de xuño, a directora do IES Punta Candieira de Cedeira, Teresa Somoza, e dous profesores de ciclos formativos mantiveron unha reunión co alcalde Pablo Moreda dentro dun plan de promoción da formación profesional que se está a levar a cabo desde o instituto.

Nesta reunión o alcalde mostrou o seu total apoio aos ciclos que se van impartir no IES o curso que vén: CM Actividades comerciais, CM Instalacións eléctricas e automáticas, CM Mantemento electromecánico, CS Administración e finanzas, CS Mecatrónica industrial (ordinario e adultos) e CS Sistemas electrotécnicos e automatizados (adultos), todos eles cun elevado grao de inserción laboral (preto do 100 %) e gran proxeción académica cara a titulacións superiores.

O mesmo apoio recibiuse tanto da ANPA “O Beco”, a través da súa presidenta Beatriz García, como do conxunto da comunidade educativa.

Lémbrase que o prazo de admisión para os ciclos formativos é desde o 25 de xuño ao 3 de xullo ás 13:00 horas.