Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Cedeira despide agosto cun festival de habaneras e polifonía

CEDEIRA DESPIDE AGOSTO CUN FESTIVAL DE HABANERAS E POLIFONÍA

A vila de Cedeira pecha o mes de agosto cun festival de habaneras e polifonía. Será o próximo venres, día 31, e terá como escenario a praza Roxa.

Un total de seis agrupacións musicais participarán unha actividade organizada polo Concello, e a intención é mantela cara aos seguintes veráns.

A Coral Estrela do Mar (Cedeira), o Coro Espasante (Ortigueira), a Coral Eixil (Cedeira), o Coro Son de Celeiro (Viveiro), o Coro Herbeira (Cedeira) e Rondalla de Cedeira amenizarán unha velada na que se poderán escoitar algúns dos máis coñecidos temas da música coral e caribeña.

O inicio do festival está programado para as oito da tarde.