Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Cedeira convoca un curso gratuíto de informática para persoas maiores

CEDEIRA CONVOCA UN CURSO GRATUÍTO DE INFORMÁTICA PARA PERSOAS MAIORES

O Concello de Cedeira vén de abrir o prazo de inscrición para que as persoas maiores poidan poñerse ao día no que ao mundo da informática se refire.

Trátase dunha actividade pensada para que a xente maior aprenda a manexar un ordenador, teña a posibilidade de crear un documento ou simplemente poida navegar por internet, entre outros contidos. É un curso de coñecementos básicos, tal e como se destaca desde o goberno municipal, ten carácter gratuíto e unha duración de trinta horas. As clases son de dúas horas.

As persoas interesadas deben apuntarse na Oficina de Turismo (Palacete municipal), mentres que a actividade se impartirá na aula de usos múltiples situada no pavillón municipal. Non haberá máis de 15 persoas por grupo e a posibilidade de trasladar a actividade ás parroquias só depende do número de participantes, que nunca poderá ser inferior a dez.