Cedeira colaborará na financiación do servicio da casa de acollida de Ferrol
CEDEIRA COLABORARÁ NA FINANCIACIÓN DO SERVIZO DA CASA DE ACOLLIDA DE FERROL
O Concello de Cedeira contribuirá cun total de 12.277,25 euros á financiación do servizo da Casa de Acollida de Ferrol, un compromiso que o alcalde, Pablo Moreda Gil, calificou de “importante” por canto garante a atención de vítimas de violencia de xénero por persoal cualificado e experto. O devandito importe desglosarase nun total de catro anualidades.
O asunto abordouse na sesión plenaria que a corporación municipal celebrou na tarde do pasado xoves e na que tamén resultou aprobada unha modificación presupuestaria por importe de 591.340, 05 euros. Con cargo á citada cantidade, o equipo de goberno liquidará o préstamo provincial PAI 2016 solicitado para acometer a reforma e ampliación da biblioteca (207.697,26 euros) e financiará un paquete de obras e iniciativas, entre as que cabe destacar os máis de 66.000 euros que o Concello prevé investir na construción de novos vestiarios no campo de fútbol, “unha
iniciativa para levar a igualdade tamén ao deporte”, segundo apuntou o alcalde.
A capacidade de financiamento do Concello de Cedeira é de 762.189,89 euros, o remanente de tesourería para gastos xerais, segundo o expediente de liquidación do orzamento de 2017, ascende a 2.109.295,80 euros, mentras que débeda municipal quedou a cero.
O pleno tamén aprobou o orzamento municipal para o presente ano, que ascende a 5,7 millóns de euros, e a segunda addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Cedeira para acometer o proxecto de mellora do saneamento. O investimento total da obra ascende a 733.650,71 euros, dos que este ano gastaranse 600.000 euros.
A corporación municipal de Cedeira secundou tamén a moción presentada polo equipo de goberno pola que se insta á Real Academia Galega para que se lle dedique o dia das Letras Galegas do ano 2019 ao filólogo e escrito Ricardo Carvalho Calero.