Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

PERSOAL E FACENDA

Selección de dous técnicos de inserción laboral

SELECCIÓN DE DOUS TÉCNICOS DE INSERCIÓN LABORAL

O Concello de Cedeira selección: DOUS TÉCNICOS DE INSERCIÓN LABORAL. O prazo para presentar solicitudes de participación no proceso selectivo é de 5 días hábiles (sen incluir sábados, domingos ou festivos) dende a data da publicación das bases no BOP.

As bases poden consultarse no seguinte enlace á publicación no Boletín Oficial da Provincia:

Ir o enlace Selección de dous técnicos de inserción laboral

Cedeira abrirá unha bolsa de emprego para administrativos

CEDEIRA ABRIRÁ UNHA BOLSA DE EMPREGO PARA ADMINISTRATIVOS

Está aberto o prazo para presentar as solicitudes para participar no proceso

Cedeira convoca un concurso oposición co obxectivo de crear unha bolsa de emprego para a realización de contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos como administrativo, unha proposta coa que se busca fomentar o emprego no municipio.

Poderá presentarse calquera persoa maior de 18 anos que estea en posesión do título de bacharelato, formación profesional ou superior. O prazo para presentar as solicitudes concluirá o xoves da próxima semana. Haberá unha proba de selección na que se valorará formación e experiencia e outra de coñecemento.

Fonte: La Voz de Galicia

Pode consultar a nova na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Cedeira abrirá unha bolsa de emprego para administrativos

bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos como administrativo

BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS COMO ADMINISTRATIVOS

O obxecto da convocatoria é a formación dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos nos postos de traballo de administrativo encadrados na escala de Administración xeral, subescala de administrativa, grupo “C1” do Concello de Cedeira.

A presentación de solicitudes poderá facerse no Rexistro Xeral do Concello de Cedeira, na Sede Electrónica (https://sede.cedeira.es) ou na forma prevista no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de octubre, do procedimiento administrativo común das Administracións Públicas. Se se presentara a instancia por correo postal, deberá aparecer o selo da oficina de correos na devandita solicitude e se comunicará ao Concello a presentación da solicitude, por correo electrónico á dirección correo@cedeira.es, ou por fax ao número 981482506. Noutro caso só a data de inscrición da instancia no Rexistro do Concello será a que se teña en conta para todos os efectos.

O prazo de presentación de solicitudes será de DEZ DÍAS NATURAIS, contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP.

Para máis información :

VER PDF Convocatoria e Bases específicas para a formación dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos como administrativo