Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

NOVAS

CURSOS DEPORTIVOS DE VERÁN 2023

O 19 de xuño ábrese o prazo de inscrición para as actividades de verán 2023 que o Concello organiza no polideportivo municipal, durante o mes de xullo.

As prazas cubriranse por riguroso orde de preinscrición ata cubrir o cupo. A confirmación da praza deberá realizarse entre o 26 e o 28 de xuño e o inicio das actividades serán o 3 de xullo.

As actividades que se ofertan son:

Adult@s

  • Aquagym
  • Saúde na auga
  • Natación

Nen@s

  • Natación infantil

Recomendase a preincrición a través de:
Teléfono 981 482 633
Presencial nas oficinas do Polideportivo Municipal de 9.00 a 13.00h e de 20.00 a 22.30h.

PRAZOS E SOLICITUDES PARA A AUTORIZACIÓN DAS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN E SAN PEDRO 2023

O prazo para presentar as solicitudes de autorización das fogueiras de San Xoán / San Pedro do ano 2023 será até o 21 de xuño ás 14.00 h. O modelo de solicitude cuberto deberá presentarse no Rexistro do Concello de Cedeira. A persoa solicitante deberá recoller a pertinente autorización no concello na data 22 de xuño de 2023.

Poderanse solicitar no concello en horario de maña de 09:00 a 14:00 h.

Pode consultar toda a información ao respecto na seguinte ligazón:

Descarga PDF Solicitude de permiso para realizar fogueiras de San Xoán / San Pedro 2023

PUBLICADAS AS BASES DE SELECCIÓN DO CAMPAMENTO URBANO DE VERÁN 2023 DO CONCELLO DE CEDEIRA

Este campamento de verán ten a finalidade de facilitar unha alternativa de ocio para as nenas e nenos promovendo así a conciliación familiar durante os meses de vacacións estivais.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 23 de xuño incluído, que son 7 días hábiles a contar a partires do día seguinte ao da publicación das presentes bases no taboleiro de anuncios dixital.

As solicitudes deberán ser asinadas polo pai, nai ou titor legal do menor e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ou polos medios establecidos no artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Inscrición:

  • En liña a través da sede electrónica do Concello.
  • Presencial no rexistro municipal.

Na seguinte ligazón pode consultarse o texto íntegro das bases, descargar a ficha de inscrición e o modelo de autoliquidación:

DESCARGAR PDF Bases de selección do campamento urbano de verán 2023 do Concello de Cedeira