Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

NOVAS

Acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral- Publicación de convocatoria de novas prazas

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA LABORAL- PUBLICACIÓN DE CONVOCATORIA DE NOVAS PRAZAS

Publicada no Diario Oficial de Galicia da Xunta de Galicia a convocatoria para o ano 2018 do proceso de acreditación de determinadas competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral.

A Orde, que se publicou no D.O.G. núm. 7, do 10 de xaneiro de 2018, inclúe instruccións sobre o procedemento para as persoas que quedaron en reserva en convocatorias anteriores, e sobre a convocatoria de novas prazas para participar no procedemento de acreditación de determinadas unidades de competencia profesional nas seguintes familias profesionais:

  • Administración e xestión.
  • Agraria.
  • Comercio e mercadotecnia.
  • Edificación e obra civil.
  • Electricidade e electrónica.
  • Enerxía e auga.
  • Fabricación mecánica.
  • Hostalaría e turismo.
  • Imaxe e son.
  • Imaxe persoal.
  • Industrias alimentarias.
  • Informática e comunicacións.
  • Instalación e mantemento.
  • Madeira, moble e cortiza.
  • Química.
  • Sanidade.
  • Servizos socioculturais e á comunidade.
  • Transporte e mantemento de vehículos.

O prazo para inscribirse remata o 2 de febreiro de 2018.

Desde as seguintes ligazóns, pode acceder á información completa sobre a convocatoria, o procedemento e a inscrición:

IR Á LIGAZÓN Acreditación da experiencia profesional

IR Á LIGAZÓN Orde de convocatoria do proceso de acreditación

O goberno agradece colaboración do tecido social na celebración da cabalgata de reis

O GOBERNO AGRADECE A COLABORACIÓN DO TECIDO SOCIAL NA CELEBRACIÓN
DA CABALGATA DE REIS

Un ano máis o tecido social de Cedeira implicouse de maneira activa e desinteresada na celebración da Cabalgata de Reis, un xesto que pasado o día quérese agradecer moi sinceramente desde a concellería de Cultura en nome do goberno municipal.

Neste capítulo de recoñecementos públicos se fai referencia ao traballo realizado polos membros de Protección Civil, que se ocuparon de facer as tres plataformas así como os tres tronos dos Reis Magos; o mesmo esforzo e interese que puxeron a ANPA Picapeixe e as Asociacións Aturuxeiras e Buxainas á hora de conseguir unhas carrozas “artesanais, imaxinativas e realmente fermosas”. O equipo de goberno fai así mesmo extensivo o seu agradecemento á Asociación de Amas de Casa, por colaborar na vestimenta dos Reis, e ao grupo de gaitas de Buxainas por se encargar de poñer a nota musical ao desfile. O Concello tamén agradece a achega de caramelos feita polo supermercado Gadis e por La Caixa e a colaboración da carpintería Muebles García por contribuír á realización das carrozas.

Desde o equipo de goberno considérase un luxo unir o esforzo e a colaboración de todos e todas para poder gozar un ano máis da noite máis máxica do calendario.

A cabalgata de reis sairá ás 18:00 horas do CEIP Nicolás del Río

A CABALGATA DE REIS SAIRÁ ÁS 18.00 HORAS DO CEIP NICOLÁS DEL RÍO

O venres 5 de xaneiro, a partir das 18:00 h. os Reis Magos visitarán Cedeira. A cabalgata sairá desde o CEIP Nicolás del Río cara ao Camiño Real da Magdalena. Na rúa San Sadurniño incorporarase á avda. de Castelao. Tomará dirección cara a praza de Galicia, dando unha volta ás pontes e voltando ata o Palacete Municipal onde a rapazada poderá compartir con eles as súas peticións. En caso de choiva, as súas maxestades irán directamente ao Palacete desde o CEIP. A continuación no pavillón do CEIP Nicolás del Río haberá chocolatada con roscón de reis e inchables para que as pequenas e pequenos se preparen para a súa noite máis máxica!