Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

NOVAS

Recoñecemento da experiencia profesional – publicación de convocatoria de novas prazas

RECOÑECEMENTO DA EXPERIENCIA PROFESIONAL – PUBLICACIÓN DE CONVOCATORIA DE NOVAS PRAZAS

Publicada no Diario Oficial de Galicia da Xunta de Galicia a convocatoria para o ano 2018 do recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral e/ou vías non formais de formación.

A Orde, que se publicou no D.O.G. núm. 244, do 27 de decembro de 2017, inclúe instruccións sobre o procedemento para as persoas en lista definitiva de de espera (segundo a Orde do 30 de decembro de 2016), e convoca tamén novas prazas para participar no procedemento de avaliación e acreditación de competencias profesionais nas seguintes cualificacións:

  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
  • Servizos para o control de pragas
  • Xestión de servizos para o control de organismos nocivos
  • Socorrismo en espazos acuáticos naturais
  • Socorrismo en instalacións acuáticas
  • Tanatopraxia
  • Confección e mantemento de artes e aparellos

O prazo para novas inscricións remata o 26 de xaneiro de 2018.

Desde a seguinte ligazón, pode acceder á información completa sobre a convocatoria, o procedemento e a inscrición:

IR Á LIGAZÓN Recoñecemento da experiencia profesional

Eroski proxecta abrir un supermercado na Marabilla, que creará 35 empregos

EROSKI PROXECTA ABRIR UN SUPERMERCADO NA MARABILLA, QUE CREARÁ 35 EMPREGOS

O Grupo Eroski proxecta a apertura dun supermercado de 1.700 metros cadrados na Marabilla, fronte á gasolineira de Cedeira, coa creación de 35 empregos directos, cifra que podería variar ao longo do ano, «en función da estacionalidade, con máis persoal no verán ou Nadal», explica Pedro Suárez. O director de Expansión e Franquía da empresa Vegalsa Eroski indica que a tenda contará con 75 prazas de aparcadoiro, parte en superficie e o resto no soto do inmoble, e estima o investimento na habilitación do interior en 1,3 millóns de euros.

A esta cantidade súmanse os 1,36 millóns que custará levantar o edificio, dunha soa planta, por parte do grupo Investimentos Financeiros Moreda S. L., propietario do chan. Que ocorrerá co actual supermercado de Eroski, situado na avenida de Castelao, se este proxecto sae adiante? «Non pensamos pechalo, funciona ben, dá un servizo ao centro e pode ser compatible, como noutras localidades. O outro ten o dobre de superficie e aparcadoiro, e sitúase na zona de acceso a Cedeira, polo que se poderá desprazar xente doutras poboacións a comprar aquí […], coa vantaxe de sacar tráfico de camións do casco», remarca Suárez. Quere deixar claro, doutra banda, que non barallan ningunha localización alternativa en Cedeira se non puidese executarse na Marabilla. «Entendemos que é o polo comercial», reitera

Fonte: La Voz de Galicia

Pode consultar a nova na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Eroski proxecta abrir un supermercado na Marabilla, que creará 35 empregos

 

O Concello anima á veciñanza a denunciar as verteduras ilegais

O CONCELLO ANIMA Á VECIÑANZA A DENUNCIAR AS VERTEDURAS ILEGAIS

A Concellería de Medio Ambiente de Cedeira anima á veciñanza de Cedeira a denunciar as verteduras ilegais, tal e como fixo hai uns días un grupo de veciños de Régoa e Piñeiro, ao tempo que se reitera que “os residuos contaminan de forma no­table o medio ambiente e deterioran a imaxe do concello”.

Tamén lémbrase que a lexislación vixente prevé fortes sancións económicas que poden che­gar ata os dous mil euros e considérase que “esta actitude incívica ten menos xustificación, se cabe, se temos en conta que Cedeira conta cun punto limpo”.

Trátase dun servizo que abre ao público os mércores pola tarde e os sábados pola mañá. Ade­mais tamén existe unha recollida porta a porta de voluminosos todos os venres “sen máis que facer cunha chamada telefónica previa”, segundo aclarou o concelleiro Camilo Casal.