Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

NOVAS

Os municipios da Mancomunidade extreman reforzar os controis por estrada ante a posible chegada de persoas foráneas na semana santa

Os municipios que integran a Mancomunidade de Concellos de Ferrol (Ferrol, Narón, Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Mugardos, Neda e Valdoviño)extreman estes días os controis de vixilancia ante a proximidade da Semana Santa e a previsión de que con motivo destas datas poidan desprazarse persoas procedentes doutras cidades que teñen aquí unha segunda residencia ou que se dispoñen a aproveitar estas datas para facer turismo.

Os axentes da Policía Local de todos os municipios e a Garda Civil reforzan os controis por estrada para velar polo cumprimento das medidas en vigor con motivo do estado de alarma, que prohibe desprazarse do domicilio habitual, entre outras obrigas, para evitar a propagación do coronavirus.

Desde os municipios xa advertiron de que no caso de detectarse que algunha persoa con domicilio noutra localidade se desprace ata os concellos da Mancomunidade tramitarase a pertinente denuncia ante a Subdelegación do Goberno en Galicia.

Estes controis xa se están realizando desde que se decretou o estado de alarma, pero o feito de que nalgúns municipios da Mancomunidade se detectase nos últimos días a apertura e tarefas de limpeza en inmobles propiedade de persoas foráneas, levará a intensificar a vixilancia cara á chegada da Semana Santa.

Desde a Mancomunidade solicítase á poboación a máxima colaboración no cumprimento das medidas de estado de alarma, facendo especial fincapé en evitar desprazamentos a segundas residencias, “para entre todos e todas poder frear o avance da pandemia do Covid-19, en canto sexa posible e así o informen as autoridades competentes, poder retomar a normalidade coas máximas garantías sanitarias e volver a gozar todos e todas, veciñanza e foráneos, do potencial que ofrece a comarca de Ferrolterra”.

Recomendacións da Consellería de Sanidade

A Consellería de Sanidade ven de publicar unha serie de notas informativas, a continuación móstranse as ligazóns para a sua descarga.

DESCARGA PDF NOTA INFORMATIVA SOBRE O PECHE TEMPORAL DE INSTALACIÓNS CON PISCINAS CUBERTAS CON MOTIVO DA ALERTA SANITARIA POR COVID19

DESCARGA PDF NOTA INFORMATIVA SOBRE RECOMENDACIÓNS DA CONSELLERÍA DE SANIDADE PARA AS EMPRESAS DO SECTOR DE CONTROL DE LEGIONELLA E OS TITULARES DE ESTABLECEMENTOS DURANTE A SITUACIÓN DE ALERTA POLO COVID-19

DESCARGA PDF NOTA INFORMATIVA SOBRE ABASTECEMENTOS DE AUGA DE CONSUMO PÚBLICO CON MOTIVO DA ALERTA SANITARIA POR COVID-19