Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

DEPORTES

MÁIS DE 80 RUTAS PARA DESCUBRIRMOS A EXCEPCIONALIDADE XEOLÓXICA DO NOSO TERRITORIO

Entre xullo e setembro desenvolveranse máis de 80 xeorrutas que ofrecen unha visión moi detallada das especificidades de toda a área do ámbito do proxecto. As primeiras desenvolveranse esta fin de semana por Cedeira, San Sadurniño e Moeche. Pero hai máis, moitísmas máis, algunhas delas desde o mar.

O catedrático en Xeoloxía Francisco Canosa volverá a estar un ano máis á fronte destas experiencias, que favorecen o coñecemento do territorio e están pensadas para familias e afeccionados á natureza e espazos ao aire libre.

Para participar nestas rutas -na súa maioría de dificultade baixa- cómpre prestarlle atención ao calendario publicado en Google Calendar con todas as datas, onde figuran as ligazóns aos formularios de reserva que adoitan activarse 15 días antes. Cómpre andar con lixeireza, posto que as prazas son limitadas e adoitan esgotarse ás poucas horas de abrir as inscricións.

Para máis información visita a seguinte ligazón:

https://proxecto.xeoparquecaboortegal.gal/mais-de-50-rutas-para-descubrirmos-a-excepcionalidade-xeoloxica-do-noso-proxecto/

AS CLASES DE ZUMBA DARÁN COMEZO O DÍA 5 DE XULLO E SERÁN OS LUNS E MÉRCORES NA SALA ÁNCORA

O Concello de Cedeira acaba de abrir o prazo de inscrición para as persoas interesadas nas clases de zumba gold (baile activo) que darán comezo o día 5 de xullo e que correrán a cargo da monitora Fanny Barge.

A Sala Áncora, situada nos baixos do palco da praza Roxa, acollerá unha actividade que se impartirá os luns e mércores en horario de 19.00 a 21.00 horas. As persoas interesadas xa poden inscribirse nas oficinas dos servizos sociais, situadas na terceira planta do edificio do auditorio municipal. Para máis información tamén se pode chamar ao número 981 492 179.

RUTA DE SENDEIRISMO CAMIÑAMOS

Dirixidas a adultos e nenos (menores de 7 anos acompañados dun adulto)
A rutas realizarase os martes e xoves de xullo en horario de 10:00 a 14:00h con saída e chegada o polideportivo.

As inscricións farase na oficina do polideportivo:
☎️teléfono 981 482 633
📧Correo electrónico polideportivocedeira@gmail.com

As listas de participantes pecharanse os luns e mércores ás 20:00h.
Esta actividade é gratuita.