Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

CULTURA

O CDG ABRE A SÚA ESTADÍA EN CEDEIRA CUNHA FUNCIÓN PARA ALUMNADO DO IES PUNTA CANDIEIRA

Cunha función para alumnado do IES Punta Candieira, o Centro Dramático Galego inaugurou onte a súa estadía de catro días na vila de Cedeira. hoxe venres, o sábado e o domingo ofrecerá tres funcións máis, dirixidas ao público xeral, da súa nova produción “Ás oito da tarde, cando morren as nais”, coa que a compañía pública pon en marcha a experiencia piloto de xirar cunha obra de gran formato por localidades pequenas, catro en Galicia e dúas en Portugal, e permanecer nelas durante varios días. A iniciativa, tal e como explicou estes días o director do CDG, Fran Núñez, quere entre outras cousas impulsar o turismo cultural a estas localidades.

Rapaces e rapazas de cuarto curso da ESO e primeiro de Bacharelato foron onte o público desta primeira función do CDG no Auditorio Municipal de Cedeira. Hoxe venres e o sábado, a representación será no mesmo lugar ás 21.00h, e o domingo, ás 19.00h.

“Ás oito da tarde, cando morren as nais” dá vida a un texto de AveLina Pérez que recibiu o premio Álvaro Cunqueiro en 2018 e conta, ademais, co aval de María Pazos na dirección. Camila Bossa, Sabela Domínguez, Xosé Manuel Esperante, Davide González, María Llanderas, Alba Loureiro e Toni Salgado forman o elenco da obra, que dura 75 minutos e está recomendada para maiores de 12 anos. A peza é un xogo sobre a relación entre o teatro e o público cheo de humor, ironía e crítica sociolóxica.

O Centro Dramático Galego fai un esforzo pola accesibilidade en todos os sentidos. As funcións contan con subtítulos, intérprete de lingua de signos e audiodescricións para que poidan seguila as persoas con discapacidades auditivas ou visuais. Ademais, as estradas están á venda na web de ataquilla.com –https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/- a prezos populares, 4€, con descontos do 50% para maiores de 65 anos, estudantes, desempregados, familias numerosas e outros colectivos.

Para facilitar a afluencia do público desde diferentes puntos da comarca, o Concello de Cedeira vai fletar buses gratuítos, aos que as persoas con entrada poderán apuntarse cada día de representación –antes das doce do mediodía, enviando un Whatsapp e indicando o nome das persoas, data e parada que van empregar-. Os puntos de saída serán os seguintes:

VENRES, día 20

Ferrol:(Plaza de Galicia – Correos) 19:40 horas.

San Sadurniño: (Concello) 20:00 horas.

Moeche: (AC862 – Restaurante Delfino) 20:10 horas.

Cerdido: (Concello) 20:20 horas. Volta desde Cedeira ás 00.00h.

SÁBADO, día 21

Ferrol: (Plaza de Galicia – Correos) 19:50 horas.

Narón: (Concello P.Bus Ctra.Castilla) 20:00 horas.

Valdoviño: (Puerta del Sol – Ferreteria Josvy) 20:20 horas.

Volta desde Cedeira ás 00.00h.

DOMINGO, día 22

Ferrol: (Plaza de Galicia – Correos) 17:50 horas.

Narón: (Concello P.Bus Ctra.Castilla) 18:00 horas.

Valdoviño: (Puerta del Sol – Ferreteria Josvy) 18:20 horas.

Volta desde Cedeira ás 22.00h.

Xunto con estes autobuses que pon o Concello de Cedeira, o propio programa de mobilidade do Centro Dramático Galego facilita a posta a disposición do público doutros autobuses desde Ares, As Pontes e As Somozas.

AUTOBUSES GRATUÍTOS PARA ASISTIR DESDE DIFERENTES PUNTOS DA COMARCA ÁS FUNCIÓNS DO CDG EN CEDEIRA

Coa finalidade de facilitar a afluencia do público ás funcións do Centro Dramático Galego en Cedeira, os vindeiros días 20, 21 e 22 vanse fletar autobuses gratuítos desde Ferrol, Narón, Valdoviño, San Sadurniño, Moeche e Cerdido. A intención é achegar a toda a comarca este grande acontecemento cultural, xa que é excepcional que unha obra de gran formato como “Ás oito da tarde, cando morren as nais” permaneza varios días na localidade. As entradas están á venda na web ataquilla.com a un prezo de 4€, con descontos para maiores, estudantes, familias numerosas e outros colectivos. A obra está recomendada para persoas de máis de 12 anos.

Haberá autobuses para cada unha das funcións –que serán o venres e o sábado ás 21.00h e o domingo ás 19.00h. no Auditorio Municipal de Cedeira), desde os seguintes puntos, sempre procurando que as personas usuarias dispoñan de tempo antes ou despois da función para dar un paseo por Cedeira. Para reservar praza no autobús, quen teña xa comprada a entrada deberá enviar unha mensaxe de whatsapp ao número 649876614 indicando o nome das persoas que van ir no autobús, a data e a parada.

VENRES, día 20

Ferrol: (Plaza de Galicia – Correos) 19:40 horas.
San Sadurniño: (Concello) 20:00 horas.
Moeche: (AC862 – Restaurante Delfino) 20:10 horas.
Cerdido: (Concello) 20:20 horas.
Volta desde Cedeira ás 00.00 h.

SÁBADO, día 21

Ferrol: (Plaza de Galicia – Correos) 19:50 horas.
Narón: (Concello P.Bus Ctra.Castilla) 20:00 horas.
Valdoviño: (Puerta del Sol – Ferreteria Josvy) 20:20 horas.
Volta desde Cedeira ás 00.00 h.

DOMINGO, día 22

Ferrol: (Plaza de Galicia – Correos) 17:50 horas.
Narón: (Concello P.Bus Ctra.Castilla) 18:00 horas.
Valdoviño: (Puerta del Sol – Ferreteria Josvy) 18:20 horas.
Volta desde Cedeira ás 22.00 h.

FESTIVAL DE PRIMAVERA DAS ATURUXEIRAS

O Auditorio Municipal de Cedeira acolle hoxe sábado o Festival de Primavera da asociación cultural Aturuxeiras. Como o seu nome indica, a entidade está integrada por mulleres cedeiresas que gostan dos aturuxos e da música e o baile galego, e que o practican case sempre cunha boa dose de teatro e bo humor. A partir das 19.00 horas subirán ao escenario os Muiñeiros do Sarela, procedentes de Santiago de Compostela, e as propias Aturuxeiras.

Para esta fin de semana está tamén programado o concerto das Letras Galegas, no que actuarán a Banda de Música Vila de Cedeira e a agrupación folclórica Buxainas. Actuarán a partir das 19.00 horas no Auditorio Municipal.