Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

CULTURA

Curtametraxe “O túnel” co guión gañador do “III Concurso de Guións Contra a Violencia de Xénero 2016”

CURTAMETRAXE “O TÚNEL” CO GUIÓN GAÑADOR DO “III CONCURSO DE GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2016”

Concurso organizado pola Deputación da Coruña, “O túnel” é unha curtametraxe de Alba Antúnez, Cristina Fernández, Carmela Franco, Jessica Moledo, Lucía Pernas, Noemi Purriños e Román Varela , alumnado do I.E.S. Moncho Valcarce de As Pontes de García Rodríguez, desenvolvida no verán de 2017. Con Eva González, Rubén Moledo, Sara Dopico, Andrés Pita, Xenaro Saborido, Nuria Durán.

Cedeira recupera as visitas guiadas polo interior do Castelo da Concepción

CEDEIRA RECUPERA AS VISITAS GUIADAS POLO INTERIOR DO CASTELO DA CONCEPCIÓN

Coa fin de manter a oferta turística tamén durante o outono, o Concello de Cedeira recupera as visitas guiadas polo interior do castelo da Concepción. A fortaleza abre as súas portas ao público durante as fins de semana.

A participación é gratuíta. O horario é ininterrompido, de 12.00 a 17.00 horas, tanto os sábados como os domingos. Fora do mesmo, o Concello tamén ofrece a posibilidade de coñecer a súa historia a persoas que veñan en grupo. Nese caso é necesario concertar a cita mediante unha chamada telefónica á oficina de Turismo (981 482 187).

O castelo da Concepción é un fortín que, situado na parte alta do porto pesqueiro, ofrece unha fermosa vista tanto da vila como do mar que se abre aos seus pes. A fortaleza está a defender Cedeira desde o século XVIII. Foi construída no ano 1747.

Exposición no palacete das obras presentadas ao certame de fotografía “Obxectivo Cedeira”

EXPOSICIÓN NO PALACETE DAS OBRAS PRESENTADAS AO CERTAME DE FOTOGRAFÍA “OBXECTIVO CEDEIRA”

O palacete municipal de Cedeira acolle desde hoxe a exposición do concurso de fotografía “Obxectivo Cedeira” organizado polo Concello. Trátase dunha mostra na que se recollen os traballos presentados ao certame, ademais de tres debuxos feitos con carbón vexetal por outros tantos alumnos de bacharelato do IES Punta Candieira.

Entre as obras expostas os visitantes teñen a posibilidade de coñecer un pouco máis de cerca as galardonadas. Estas foron: 1º premio, “Aí veñen”, de María Montserrat López García; 2º premio, “Preparando la faena” de Elena Abad Martínez, e 3º premio, “Sonreiras” de Alberte Couto.

A exposición estará aberta ao público ao longo do presente mes e pode se visitar en horario de apertura da Oficina de Turismo, de luns a venres de 9.00 a 15.00 e de 16.00 a 19.00 horas e os sábados de 10.00 a 14.00 horas. Os domingos permanece pechada.