Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

CULTURA

Cedeira volve a recordar aos mortos do campo de concentración e aos veciños represaliados polo franquismo

CEDEIRA VOLVE A RECORDAR AOS MORTOS DO CAMPO DE CONCENTRACIÓN E AOS VECIÑOS REPRESALIADOS POLO FRANQUISMO

“Hai que recuperar, manter e transmitir a memoria histórica, porque se empeza polo esquecemento e remátase na indiferenza”. Con esta cita de Saramago daba comezo hoxe a lectura, por parte do alcalde de Cedeira, Pablo Moreda Gil, da declaración institucional do equipo de goberno (PSOE, BNG e Anova) e máis do Colectivo das Esquedas no acto de recordo e homenaxe ás vítimas da represión franquista celebrado no mesmo emprazamento no que ata 1938 houbo un campo de concentración franquista.

“Un lugar cargado de simbolismo”, asegurou o alcalde na súa intervención, na que tamén fixo alusión á morte de republicanos indefensos “polo único delito de seren fieis a uns principios de liberdade e democracia” e aos máis de 100 veciños represaliados fisicamente polo réxime e as familias, especialmente mulleres, que “tiveron que aprender a convivir cos verdugos dos seus pais, irmáns e fillos”.

Nin ao longo da transición nin nestes anos de democracia considera o goberno de Cedeira que se teña feito o necesario para recuperar “esta insufrible inxustiza, máis alá dunha deficiente Lei de Memoria Histórica”, unha lexislación que o goberno do PP ademais vén de incumprir e menosprezar avalando a postura de persoas que se negan a acometer exhumacións.

Todas istas consideracións, segundo o goberno de Cedeira, fan do encontro celebrado hoxe unha cita de reparación e xustiza que “deberían levarnos a cuestionar o modelo de Estado, esta monarquía herdanza do ditador ou ir poñendo os alicerces que permitan elixir ao xefe do estado por sufraxio universal”.

Nesta mesma dirección tamén foi a intervención de Enrique Barrera que, como representante da Asociación Memoria Histórica Democrática (AMHD), interveu no acto para lexitimar o goberno da segunda República, para facer unha chamada de atención sobre formacións políticas autoritarias que minte cun enorme descaro e para comezar a pensar en corrixir a historia reformando a Constitución para que “un día poidamos decidir se queremos seguir cos borbóns ou apostar por outras políticas”.

Cun recordo a Celso Emilio Ferreiro coa lectura de versos da súa obra “Tempo para chorar”, coa tradicional ofrenda floral no monumento existente a carón do paseo marítmo e coa interpretación á gaita da alborada Abrente en Cordobelas e do himno galego pechaban as celebracións dun acto para o que o Concello de Cedeira conta coa colaboración da Asociación Memoria Histórica Democrática e co apoio incondicional da veciñanza que hoxe volveu a secundar coa súa presenza un encontro de recuperación da memoria histórica, porque “sen memoria non hai historia”, rematou o alcalde.

Cedeira reuniu as seus mellores deportistas na XVII gala do deporte local

CEDEIRA REUNIU AS SEUS MELLORES DEPORTISTAS NA XVII GALA DO
DEPORTE LOCAL

Un ano máis, e xa van 17, a Gala do Deporte de Cedeira converteuse no recoñecemento público do Concello e dos veciños do municipio ao esforzo dos deportistas locais por destacar e tamén así deixar en bo lugar o nome da vila.

Joaquín Montero Gómez, actual campeón de España de Remo Olímpico, foi o invitado a unha cita que, presidida polo alcalde, Pablo Moreda Gil, e máis o concelleiro de Deportes, Nicolás Vergara, tivo lugar onte nun ateigado pavillón municipal. No transcurso do acto foron homenaxeados e premiados máis de trinta deportistas da localidade. O remeiro Raúl López foi elixido Mellor Deportista Cedeirense do ano 2027.

Na súa intervención, o alcalde de Cedeira recordou a importancia de practicar unha actividade física para apostar por unha vida máis saudable, ademais de sinalar o alto nivel do deporte local con nomes moi destacados en cada disciplina tanto a nivel autonómico como nacional. Destacou o compromiso dos clubs co deporte, así como de toda a xente que está detrás dos mesmos, desde directivos ata asiestradores e voluntarios, aos que Moreda felicitou por “formar a nosos fillos para a vida a través dos valores que o deporte imbúe nas persoas”.

Animou a todos os alí presentes a seguir o exemplo dos premiados, cada un na medida das súas posibilidades, co fin de mellorar a súa condición física e individual. Neste sentido, recordou que da man do Concello existen escolas deportivas e actividades para todas as idades e destacou o compromiso do equipo de goberno co deporte “cun importante incremento do importe das subvencions e a mellora das instalacións municipais”.

Joaquín Montero agradeceu tanto a invitación do Concello como as facilidades que lle están a dar o club de remo para poder así destacar na súa actividade deportiva. Tamén animou a nenos e nenas e aos mozos e mozas a introducir nas súas vidas a práctica regular dun deporte para enriquecelas.

Los premiados fueron:

-NATACIÓN:

*MASCULINO: MANUEL RIVEIRO LEONARDO E JUAN FRANCISCO PÉREZ PÉREZ.

*FEMININO: LUCÍA SÁNCHEZ GRANDAL.

-TRIATLÓN:

*EQUIPO BENXAMÍN DE TRIATLÓN (ALBA GRAÑA, IRENE FREIRE, INÉS SERANTES, DAMIÁN SUÁREZ, LUCAS RIOLA, SAMUEL SÁNCHEZ, IAGO ORTIZ, DAMIÁN FORMOSO E CARLOS RIVEIRO)

*FEMININO: NOELIA SERANTES BARREIRO.

-ATLETISMO

*EQUIPO ALEVIN MASCULINO (SAMUEL SÁNCHEZ, ALBERTO RODRÍGUEZ, LUCAS RIOLA, MANUEL MUIÑO E DAMIÁN SUÁREZ)

*FEMiNINO: ANDREA LÓPEZ LÓPEZ.

-DEPORTES ADAPTADOS: GERARDO LÓPEZ CARUNCHO.

-KARATE: GABRIEL MIRANDA PÉREZ.

-FÚTBOL Feminino: ZELTIA PARDO NAVAL.

-FÚTBOL masculino: EQUIPO CEDEIRA SD – 1ª AUTONÓMICA

-REMO

*MASCULINO: RAÚL LÓPEZ IGLESIAS E MARCOS PERNAS PIÑÓN

*FEMININO: CANDELA MARTÍNEZ PERNAS

GALARDÓNS ESPECIAIS

MELLOR DEPORTISTA VETERÁN DO ANO:

SANTIAGO FREIRE (BADMINTON)

MELLOR TRAXECTORIA DEPORTIVA: FRANCISCO PRIETO IGLESIAS(REMO)

TODA UNHA VIDA DEDICADA Ó DEPORTE:

ANTONIO LÓPEZ MARTÍNEZ (STILI), (FUTBOL, FUTBOL SALA…COMO XOGADOR, ADESTRADOR E DIRECTIVO)

MELLOR ADESTRADOR CEDEIRENSE DO ANO :

DAVID PÉREZ IGLESIAS (FÚTBOL)

-MENCIÓNS ESPECIAIS

IVÁN SEDES ARMADA (REMO)

MELLOR DEPORTISTA CEDEIRENSE DO ANO 2017

RAÚL LÓPEZ IGLESIAS (REMO)

Raúl foi campión galego e medalla de ouro no galego de Remoergómetro celebrado en Ferrol na categoría individual cun total de 100 participantes na súa categoría rebaixando ademais o récord galego da modalidade en máis de 1sg.

Campión e medalla de ouro por equipos nesta mesma disciplina.

Campión en dobre scull por 2ª vez nos últimos tres anos (e porque no 2016 debido ó mal tempo suspenderonse as regatas) da Regata Internacional “Queima dasFitas” en Coimbra (Portugal), onde se dan cita os mellores remeiros do noso país e mesmo do país veciño.

Medalla de prata en 4 scull, e 4º clasificado no dobre scull na Copa Primavera celebrada en Trasona (Asturias), regata que é un prólogo do Campionato de España de Remo Olímpico, onde ademais remando de forma individual quedou 5º, nunha disciplina que non é a del.

No Campionato Galego de Remo Olímpico celebrado en Castrelo do Miño (Ourense), en dobre scull , foi medalla de prata e polo tanto subcampión galego.

Xa na gran cita que foi o Campionato de España, celebrado en Banyoles (Girona), Raúl foi 2º, en dobre scull, e polo tanto medalla de prata e subcampión de España, conseguindo así ter xa catro metais nacionais (os tres existentes, ouro, bronce e prata), pois como dixeramos en anos anteriores xa conseguira un ouro e dous bronces.

Dicir tamén que Raúl fixo as probas para o acceso ó CGTD (Centro Galego de Tecnificación Deportiva) de Pontevedra, sendo un dos Becados para estudiar neste centro coa Beca Deportiva, centro no que están os mellores deportistas da nosa Comunidade dentro das Especialidades de deportes Olímpicos.

 

Presentación do libro«Teixido, San Andrés de lonxe, mitos e ritos»

Este vindeiro mércores 18 de abril, ás 19:30 h. teremos a presentación da obra «Teixido, San Andrés de lonxe, mitos e ritos», de Xohana Torres, recentemente falecida, que non chegou a ser publicada en vida da súa autora. Paradoxalmente, valeulle en 1972 para gañar o Premio de Etnografía Federico Maciñeira, da Deputación da Coruña que ven de editar esta publicación.

Contaremos coa presenza dalgún representante da editorial Engaiolarte e da vicepresidenta da Deputación da Coruña Goretti Sanmartín quen dixo da escritora que é “un referente non seu compromiso coa lingua e a literatura, en especial para moitas mulleres e escritoras” e do libro que « é unha alfaia», dotándose de fotografías de Xulio Xilpara que sexa « unha obra de arte». Torres que mantivo o seu entusiasmo creativo ate os últimos tempos da súa vida e tamén na propia edición deste volume, defendeu que Teixido era “o único mito universal galego”