Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

CAMPAÑA DE VACINACIÓN CONTRA O COVID

A Consellería de Sanidade informou de que na campaña de vacinación que agora comeza no “vacunódromo” de Ferrol está prevista unha fase de “repesca” que se vai desenvolver nos centros de saúde para as persoas maiores que non poidan. Mesmo haberá vacinación a domicilio para quen teña dificultade para ir ao Centro de Saúde.

O Concello de Cedeira faise eco desta nova, consciente da preocupación que existe entre a poboación polo acceso á cuarta vacina, porén o alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, estimou que Sanidade tería que facilitar a vacina nos centros de saúde desde xa, e non nunha fase de repesca, cando menos para as persoas de máis idade.

A Consellería de Sanidade puxo en marcha o pasado 26 de setembro a campaña da cuarta dosis nas residencias xeriátricas e o vindeiro día 8 comezarán as vacinacións nos “vacunódromos” para as persoas maiores de 80 anos. Despois irá baixando de idade ata chegar as persoas de 60 anos.