BANDO DA ALCALDÍA ANUNCIANDO AS MEDIDAS PARA PODER PRESERVAR O BO ESTADO DAS PISTAS E CAMIÑOS MUNICIPAIS FRONTE Á ACTIVIDADE EXTRACTIVA FORESTAL
Pablo Diego Moreda Gil, alcalde do Concello de Cedeira FAI SABER QUE:
Para os efectos de poder preservar o bo estado das pistas e camiños municipais fronte á actividade extractiva forestal e poder garantir o normal uso dos viais afectados por esa actividade, o concello de Cedeira ADOPTA A SEGUINTE MEDIDA:
Os madeireiros encargados dos traballos de extracción deberán comunicar a este Concello, con carácter previo aos traballos referidos, xunto coa autorización de corta pertinente, os seguintes datos identificativos:
- data e hora dos traballos
- localización do predio (referencia catastral, nome do monte, parroquia e calquera outra denominación que permita a identificación inequívoca do enclave)
- titular do predio (nome e apelidos ou razón social e NIF/CIF)
- camiños e/ou vías a utilizar nos traballos
En cumprimento do establecido na Ordenanza municipal reguladora das actividades nos montes e espacios forestais do concello de Cedeira LÉMBRASE A OBRIGA DE:
Reparar de forma inmediata os deterioros producidos nos viais, ou nas estruturas anexas, así como a retirada dos restos procedentes das operacións de corta, carga e almacenamento
En Cedeira, a 2 de novembro de 2023
Pódese descargar o bando na seguinte ligazón: