As amas de casa mostran as labores que fixeron ao longo do pasado curso
AS AMAS DE CASA MOSTRAN AS LABORES QUE FIXERON AO LONGO DO PASADO CURSO
O Palacete municipal de Cedeira acolle, desde onte e ata finais de mes, a exposición anual na que a asociación local de Amas de Casa quere amosar os labores que as socias levaron a cabo ao longo do pasado curso.
Trátase dunha colección formada por máis dun cento de artigos, entre os que especialmente chaman a atención as colchas de patchwork, polo seu tamaño e orixinalidade, pero na que tamén existen outras moitas pezas máis pequenas, como medallóns e marcapáxinas, que ademais están á venda.
A presidenta da entidade, Ángeles Villar, destacou a “calidade dos traballos expostos”, que son o resultado das clases de bordado, patchwork, costura, calceta, bolos e manualidades que se imparten, e confirmou que o feito de trasladar de outubro a agosto esta cita anual tamén contribuíu a darlle visibilidade ao compromiso que a entidade mantén co feito de conservar e recuperar os labores e traballos artesanais.
A mostra está aberta al público de luns a venres, de 9.00 a 14.30 e de 15.00 a 21.00 horas; os sábados, de 10.00 a 14.00 horas, e os domingos, de 11.30 a 13.30 horas.