Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O BOP VEN DE PUBLICAR A APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE MEDIDAS URXENTES PARA PALIAR O IMPACTO DO INCREMENTO DO CUSTO DO COMBUSTIBLE E SUBMINISTRACIÓNS NOS SECTORES AGRARIO, GANDEIRO, PESQUEIRO E DO TRANSPORTE

As entidades interesadas en participar en cada convocatoria deberán presentar unha solicitude a través do apartado
correspondente á convocatoria da plataforma telemática Subtel (na páxina web https://sede.dacoruna.gal/Subtel/) cubrindo os campos da solicitude e presentando toda a información que se solicita, téndose por non presentadas as rexistradas fóra da plataforma Subtel.

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria de axudas iniciarase o día 28 de abril de 2022 ás 09:00 horas, unha vez publicada a convocatoria no BOP a través da remisión da mesma á BDNS e ata o esgotamento do crédito orzamentario aprobado ou en todo caso ata o 28/06/2022 ás 14:00 horas.

No momento da solicitude, as entidades deberán subir á plataforma telemática SUBTeL, a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos en data anterior á publicación da convocatoria, así como a documentación pertinente, que se recolle no Anexo 3 Documentación, na parte correspondente á solicitude de concesión.

Na seguinte ligazón pode accederse ao texto íntegro das bases reguladoras do Programa de medidas urxentes para paliar o impacto do incremento do custo do combustible e subministracións nos sectores agrario, gandeiro, pesqueiro e do transporte.

DESCARGA PDF bases reguladoras do Programa de medidas urxentes para paliar o impacto do incremento do custo do combustible e subministracións nos sectores agrario, gandeiro, pesqueiro e do transporte.