Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

ANUNCIO DE APROBACIÓN INICIAL DEL REGLAMENTO DE USO DE LA VÍA FERRATA

O Pleno do Concello de Cedeira, en sesión extraordinaria realizada o 06.07.2022, acordou a aprobación inicial do Regulamento de uso da Vía ferrata Senda do Santo.

De conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, sométese o expediente a información pública polo prazo de trinta días, a contar dende o seguinte ao da inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de edictos do Concello, co fin de que os interesados poidan examinalo e presentar as reclamacións e suxerencias que estimen oportunas, encontrándose o expediente de manifesto na Secretaría do Concello durante o prazo sinalado. Así mesmo, estará a disposición dos interesados o texto do Regulamento municipal no portal web do Concello (dirección: www.cedeira.gal).

De non presentarse reclamacións durante o citado prazo, o Regulamento considerarase definitivamente aprobado.

DESCARGA PDF Regulamento de uso da Vía ferrata Senda do Santo

DESCARGA PDF Anuncio aprobación inicial do Regulamento de uso da Vía ferrata Senda do Santo