Aberto o prazo para solicitar exencións e bonificacións da taxa do IBI e do lixo, e a prestación económica por fillos e fillas menores de 3 anos
ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS DA TAXA DO IBI E DO LIXO, E A PRESTACIÓN ECONÓMICA POR FILLOS E FILLAS MENORES DE 3 ANOS
O Concello de Cedeira informa da apertura de prazos para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos, así como exencións e bonificacións na taxa do IBI e na taxa do lixo, para familias numerosas.
Pode consultar toda a información ao respecto destas solicitudes nos servizos sociais municipais. Os prazos e as ordenanzas reguladoras son:
-
- Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos
Prazo de solicitude: do 01 de febreiro ao 21 de marzo.
Pode consultar toda a información ao respecto na seguinte ligazón:
IR Á LIGAZÓN Información sobre prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos
-
-
- Bonificación na taxa do IBI para familias numerosas
-
Prazo de solicitude: antes do 21 de marzo.
Pode consultar a ordenanza vixente que regula esta bonificación na seguinte ligazón:
IR Á LIGAZÓN Ordenanza fiscal do imposto de bens inmobles (Artigo 8)
-
-
-
- Bonificación na taxa do lixo para familias numerosas e outros colectivos
-
-
Prazo de solicitude: antes do 31 de marzo.
Pode consultar a ordenanza vixente que regula esta bonificación na seguinte ligazón:
IR Á LIGAZÓN Ordenanza fiscal reguladora da taxa por recollida de residuos (Artigo 4)