Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA DOUS CURSOS NA OFICINA AGRARIA COMARCAL

Os cursos están destinados ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego. Os cursos ofertados son os seguintes:

  • As técnicas de pastoreo: como mellorar a rendibilidade e a produtividade do leite e da carne

Impartirase o 2 de novembro de 11.00h a 14.00h e de 15.30h a 18.30h no Auditorio Municipal.

Inscricións na Oficina Agraria de Cedeira.

 

  • Impacto da administración electrónica na xestión das explotacións agrarias

Impartirase os días 27 de outubro e 29 de outubro na sala de usos múltiples en horario de 16.00 a 19.00h.

Inscricións na Oficina Agraria de Cedeira.

 

 

Máis información:

Descarga PDF información curso as técnicas de pastoreo: como mellorar a rendibilidade e a produtividade do leite e da carne.

Descarga PDF información curso impacto da administración electrónica na xestión das explotacións agrarias