Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

A tropa de trapo representa este sábado no auditorio de Cedeira a obra “Matrioskas”

A TROPA DE TRAPO REPRESENTA ESTE SÁBADO NO AUDITORO DE CEDEIRA A
OBRA “MATRIOSKAS”

A Tropa de Trapo levará este sábado ao auditorio de Cedeira a obra “Matrioskas”, unha obra a dúas voces da man da cantadora Marta Ortiz e da cantautora Sofía Espiñeira, que se describe como “verbas e música para revivir historias da vida”.
A representación dará comezo ás oito da tarde no auditorio municipal e o prezo da entrada é de 2,5 euros. Trátase dunha peza dirixida ao público adulto.