Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

A ÓPERA STUDIO CULMINA ESTE SÁBADO COA ESTREA DE “DIDO E ENEAS” NO AUDITORIO DE CEDEIRA

O Auditorio de Cedeira vai acoller este sábado dos pases da estrea da ópera “Dido e Eneas”, de Henry Purcell. Será o colofón da primeira Ópera Studio que se desenvolve na localidade, unha das poucas de Galicia que acollen este tipo de programa, dirixido a tender unha ponte entre o académico e o profesional no mundo da lírica. As representacións serán ás 18.00 e ás 21.30 horas, e a entrada será libre e gratuíta, ata completar aforo.

Un total de 34 persoas, entre intérpretes, coro e orquestra, xunto co equipo de persoas encargados da dirección e a produción, levan desde o pasado día 25 adicadas aos ensaios desta ópera, unha das máis importantes do Barroco.

A portuguesa Magna Ferreira dirixe a obra co apoio do actor Marcos Vieitez, a violinista Mariña García-Bouso e a clavecinista Marta López. A produción corre a cargo da empresa DTK e dos cedeireses Fran Pérez, Aida Lozano, Paula Bereijo, impulsores desta iniciativa. O Concello de Cedeira apoiou o programa economicamente, con 4.000€, e tamén coa cesión de espazos para as clases e a próxima estrea, así como para o aloxamento dos participantes e outras cuestións loxísticas.