Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

A festividade de Santa Ana celébrase en Cedeira con misa, procesión e verbena

A FESTIVIDADE DE SANTA ANA CELÉBRASE EN CEDEIRA CON MISA, PROCESIÓN E VERBENA

O próximo xoves, día 26, é festa local na vila de Cedeira. Celébrase a festividade de Santa Ana, o que dá lugar a unha chea de actos a partir das doce do mediodía. A esa hora dará comezo unha misa solemne, na que a parte musical correrá a cargo da coral Virxe do Mar.

Ao seu remate sairá a procesión que percorrerá algunhas das principais rúas da zona vella, co acompañamento musical da banda Vila de Cedeira.Dita formación ademais ofrecerá un concerto como remate do programa matinal.

Xa pola tarde-noite, a praza Roxa acollerá a tradicional verbena, que inclúe a actuación da orquestra “Principal”.

O Concello de Cedeira invita á veciñanza e aos moitos turistas que estes días están a gozar dunhas xornadas de descanso na vila a sumarse coa súa presencia a estas celebracións.