Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

A cuarta cita con Discalz@s polo Festival será o venres e sábado na Vila de Cedeira

A CUARTA CITA CON DISCALZ@S POLO FESTIVAL SERÁ O VENRES E SÁBADO NA VILA DE CEDEIRA

A vila de Cedeira acollerá este venres e sábado una nova cita coa música. Será no marco do programa Discalz@s polo Festival, unha convocatoría que se caracteriza por concertos de balde, un recinto para acampar na Xunqueira e ademais, este ano, porque estará libre de plástico. A programación arricará o venres día 3 coa música de Nao, Pölisong, The Skarnivals e Mad Martín Trío, a partir das 22.30 horas, na praza da Revolta.

A xornada do sábado comezará cun pasarrúas, ás 12:30 horas, a cargo da Batukada Discalz@s Percusión. Na sesión vermú haberá pinchos e estará amenizada polas bandas locais ArdeCasas e Triversion. Ás 17.00 horas darán comezo as actividades para os cativos e para as 18:00 horas está prevista a actuación do Trío Refugallo. Tamén haberá un obradoiro de creación de instrumentos musicais a partir de restos xenerados durante a celebración do festival.

Pola noite, nos concertos actuarán Guadi Galego, Guezos, Familia Caamagno e FogBound. A organización corre a cargo da asociación cultural que da nome á cita e a Deputación da Coruña colabora coa entidade convocante. Discalz@s polo Festival chega este ano á súa cuart edición cun cartel promocional realizado por o artista Leandro Lamas.

Nao: Grupo galego de música rock orixinario da Estrada con seis álbums editados, ademais dun EP musical en formato de descarga dixital. As letras das súas cancións caracterízanse polo compromiso político e a crítica social.
Pölisong: Banda Hard Rock de Ferrol, que nace no ano 2011 integrada por Otto Mackinlay (voz e guitarra), Diego Díaz (guitarra), Juan Vázquez (baixo) e Alberto Regueiro (batería).
The Skarnivals: Banda ska/punk/folk galega, nada en 2009, dun potente e eléctrico directo e un estilo personal e reivindicativo.
Mad Martín Trío: Liderados por Martín Esturao, o grupo transmite todo o sabor dun rock´n roll primitivo, directo e clásico.
Ardecasas: Agrupación formada por amigos aos que lles gustan divertirse e participar en celebracións populares.
Triversión: Trío formado por guitarra, voz e percusión que interpreta tanto temas propios como versións doutros autores.
Trío Refugallo: É un trío de músicos-clowns que saca música dos instrumentos máis insospeitados.
Guadi Galego: Cantante de moi longa traxectoria. Gañadora do premio Martín Codax á mellor artista na categoría de canción de autor, alcanzou a súa madurez co disco “O mundo está parado” (FOL Música, 2016).
Guezos: É unha formación de rock-pop-folk ourensán, cuxas composicións son moi abertas a calquera estilo, valorando moito as melodías e as harmonías propias do folk e mesturándoas coa potencia do rock.
Familia Caamagno: É un grupo galego, formado por Manuele Caamagno (voz, saxofón), Jess Caamagno (guitarra), Francesco Caamagno (guitarra, voces), Lano Caamagno (baixo) e Toni Caamagno (batería, coros),cuxa música é unha mestura de rock, rhythm e blues.
Fogbound: Banda coruñesa cun son lisérxico, con ocos pop e influencias contemporáneas; que gaña moitos enteiros en directo a base de enerxía e forza.