No centro da zona axardinada sita na rúa do Mariñeiro había 4 salgueiros en avanzado estado de podredume como se podía advertir a simple vista.

Dende o concello de Cedeira e por recomendación tanto dos técnicos municipais como dos da empresa que estes días están facendo na mesma labores de poda tanto dos magnolios como das palmeiras, decidimos que o máis conveniente era proceder á súa eliminación polo perigo que supoñían sobre todo na época estival dada a constante presenza de persoas nas súas proximidades.

Serán sustituídos por outras tantas moreiras de sombra, da especie Morus alba ” Kagallamae”.