O Punto de Información Catastral do Concello de Cedeira é unha oficina autorizada pola Dirección Xeral do Catastro onde os cidadáns poden acceder á información catastral.

Casa do Concello. Rúa Real nº 15, semisoto

Mércores de 9.00h a 14.00h con cita previa

981 480 000 (extensión 2. Persoa de contacto: Javier Zunzunegui)

Os servizos dispoñibles no Punto de información catastral son:

  • Información de carácter xeral e particular de inmobles.
  • Asesoramento sobre obrigas co Catastro.
  • Notificación por comparecencia en procedementos catastrais.
  • Servizo de consulta libre e certificación de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
  • Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais de datos catastrais protexidos, relativo aos inmobles da súa titularidade.
  • Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.

Os Puntos de Información Catastral UNICAMENTE poden certificar a titulares catastrais ou a quen eles autoricen.

NON PODEN por tanto certificar en caso de falecidos ou persoas que non figuren na base de datos como titulares catastrais. Nese caso deberán acudir sempre á Xerencia do Catastro.

Rúa Comandante Fontanes, 7. Baixo C.P 15071 – A Coruña

Horario de inverno: de luns a xoves: de 9.00h a 17.30h. Venres: de 9.00h a 14.00h.
Horario de verán ( de 16/xuño a 15/set) de luns a venres: de 9.00h a 14.00h.

981 16 13 72

gerencia.galicia@catastro.minhap.es

Os trámites para solicitar información no punto de información catastral son os seguintes:

  • 1. Autorización a representante se fose necesario

    As instancia a presentar para a solicitude de información está disponible na seguinte ligazón:


    VER PDF Modelo de autorización para nomear representante para a solicitude de información

  • 2. Pedir cita no Punto de Información Catrastral

    Para pedir cita no punto de información catastral, o Concello pon a disposición un teléfono de contacto:

    981 480 000 (extensión 2. Persoa de contacto: Javier Zunzunegui)

  • 3. Pago da autoliquidación

    As certificacións emitidas polo punto de información catastral están suxeitas á ordenanza fiscal nº 2.1 reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos de 10€. Pode consultarse o seu texto íntegro na seguinte ligazón:


    VER PDF Ordenanza reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos

    O pago desta autoliquidación poderá realizarse presencialmente no momento de presentar a solicitude (só con tarxeta), ou nalgunha das seguintes entidades bancarias:

    BBVA: ES70 0182 0622 4100 0000 0055

    La Caixa: ES37 2100 4936 5822 0000 4470

    Abanca: ES15 2080 5196 2931 1000 0027

    Banco Pastor: ES57 0238 8151 9006 6000 0271

    Banco Sabadell Gallego: ES57 0081 2238 4100 0100 0705

    O texto do xustificante do ingreso da autoliquidación debe incluir a seguinte información:

    Punto Información Catastral + (DNI do solicitante)