Para poder realizar queimas no Concello de Cedeira, estas deberán ser comunicadas de xeito oficial para a súa autorización.

A solicitude pode realizarse a través do 012 ou vía internet a través do seguinte enlace da Consellería de medio rural e do mar.

Existen dous tipos de queima, e dependendo do tipo, haberá que realizar a solicitude de autorización con distinto prazo de antelación:

  • Restos amoreados:
    • Queima de restos agrícolas amoreados
      • A solicitude de autorización realizarase cunha antelación mínima de dous días
    • Queima de restos forestais amoreados
      • A solicitude de autorización de presentarase cunha antelación mínima de sete días
  • Queimas controladas:
    • Para a súa realización deberán contar coa presencia de persoal técnico autorizado para a xestión das queimas e con equipos de extinción de incendios
      • A solicitude de autorización de queima presentarase cunha antelación mínima de sete días

Pode consultar a continuación, o documento editado pola Xunta sobre as recomendacións á hora de facer queimas.

No seguinte enlace pode consultar o índice diario de risco de incendio forestal, un dos condicionantes das prohibicións temporais de queimas

IR Á LIGAZÓN Risco de incendio forestal