ESTRUTURA DO DEPARTAMENTO DE PARTICIPACIÓN

O departamento de Participación do Concello de Cedeira atópase no primeiro andar da Casa do Concello (rúa Real nº 15), e está dirixido pola concelleira delegada Carmela Prieto Cal.

Desde este departamento xestiónanse todos os asuntos relativos á participación da veciñanza na vida política municipal, as consultas populares, a web municipal e o Portal de Transparencia, así mesmo desenvolveránse desde esta área a organización de asambleas cidadás e ás visitas periódicas ás parroquias. De xeito especial, trabállase na dinamización da actividade municipal enfocada á mocidade.

O obxectivo principal deste departamento é o de facer unha administración máis moderna, próxima, comprensible e accesible, mellorando a atención e o acceso á información.