Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Teatro ‘NINJA’

Este evento terminou

Sábado 1 de abril ás 20.00h no Auditorio Municipal.
Teatro dos Ghazafelhos presenta ‘NINJA’
Público familiar – Entrada 2,5 €
Venda en taquilla o mesmo día desde media hora antes.
Reserva anticipada desde o martes 28 até o venres 31 de marzo ás 14.00 h no whatsapp 649876614.
Tori é unha nena do rural que vai á escola. Encántanlle a cultura oriental, o karate, o Kung fu, o jiu jitsu, as pelis de Bruce Lee, Jackie Chan… e soña con ser Ninja!! Adestra tódolos días para pasar inadvertida e observar aos demais como unha autentica Ninja… Grazas a esa condición, descobre que no cole hai nenos e nenas que tamén queren pasar inadvertidos, pero non para ser Ninjas, se non, para que outros nenos e nenas non abusen deles.
Con axuda do señor Edelmiro, un velliño ao que Tori acode a buscar consello, conseguirán que os nenos inadvertidos se fagan visíbeis e cambian as tornas na escola.
Ninja é unha obra lúdica e pedagóxica que aborda o acoso escolar. A través dunha historia divertida e chea de reflexións sobre o respecto, o apoio mutuo e a diversidade farase fincapé no máis importante para resolver un problema: visualizalo.