Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Raquel Queizás – Nano canta croac

Hoxe 28 de outubro – (horario pendente de confirmación)

Público Infantil.

Nano é unha ra pequena, unha ra que vive cada día unha nova aventura, porque cando se é tan pequeno ata as cousas m áis sinxelas se converten en todo un reto. A través de diferentes contos, cantigas, enredos, dun xeito lúdico, xogando, aprendemos na nosa lingua a coñecer o m undo que nos rodea. E así divertíndonos ensinam os aos m áis cativos a presum ir de lingua propia. Medrando en galego con Nano son espectáculos de contos que favorecen a adquisición da nosa lingua, o desenvolvemento da com prensión oral e a capacidade de atención das crianzas de 1 a 4 anos. É unha etapa decisiva para acadar e consolidar o noso idioma. É im portante fom entar a socialización en galego, fortalecendo os vínculos coa fam ilia que reforcen a transm isión interxeracional da lingua galega.As dinám icas que se representan estimulan ,ademais, as habilidades de percepción espacial e psicomotricidade dos bebés a través de pequenas historias adaptadas para captar o seu interese e cunha duración apropiada á súa capacidade de atención