Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Obradoiro de parkour e Escape Room

Este evento terminou

Hoxe domingo 27 de xuño ás 11.00 horas na explanada situada ao lado do centro de ocio xuvenil, xunto á estación de autobuses..

Están previstos dous obradoiros de parkour (ás 19:00h) –desprazarse dun punto a outro da maneira máis eficiente posible coa única axuda do propio corpo- e graffiti. Nesta xornada desenvolverase un xogo de Escape Room polo casco antigo de Cedeira, a partir das 11.00 horas. Equipos dun máximo de catro persoas terán que resolver un misterio a través de diferentes probas físicas e mentais.

Terán prioridade os rapaces e rapazas que teñan reserva de praza, que pode facerse a partir deste mércores a través do whatsapp –no número 649 876 614- ou ben por correo electrónico a enrique.vazquez@cedeira.gal. Nos obradoiros haberá quendas de media hora, cun máximo de dez persoas en cada unha, e para quen non teña reserva a participación será por orde de chegada.

En caso de choiva está previsto que os obradoiros do sábado se desenvolvan no auditorio municipal e os do domingo, no seu caso, no polideportivo.