Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Moving compass presenta “Gaio Baba”

Hoxe 27 de novembro ás 20.00 h.

Todos os públicos.

O mundo, devorado polos residuos, perdeu a súa cor. Frío, gris e cuberto de desperdicios é reinado por unha terrible catástrofe: o lixo.

Seres sen piedade impóñense como amos incontestábeis dunha terra erma.

Sen embargo, alguén queda neste falmaguento mundo. Alguén queda barrendo sen cesar a ondas de lixo que sempre voltan. Alguén queda sen dimitir dun propósito que parece inalcanzable. Alguén queda coa esperanza de que a natureza recupere os seus dereitos: a meiga Gaia Baba

A súa aventura comeza o día que, entre o lixo, descubre aquilo que cría perdido para sempre.