Iria Pinheiro – Anatomía dunha serea
-
Data
23 Abril, 2022
-
Hora
8:00 pm
23 de abril ás 20.00 h.
Teatro Adultos.
Anatomía dunha serea é unha peza de teatro documental construída sobre a memoria e a experiencia persoal da actriz Iria Pinheiro como muller, como nai e como vítima da violencia obstétrica. Trátase ademais dunha obra de teatro autobiográfica e con carácter testemuñal, pois a voz en primeira persoa da protagonista é tamén o testemuño directo de alguén que viviu os sucesos e acontecementos reais que se contan na obra.
Anatomía duna serea foi galardoada con dous Premios María Casares en 2019 : Mellor actriz e Mellor texto orixinal.
Sinopse:
Unha muller que leva no seu corpo a pegada da violencia obstétrica sufrida durante o parto, narra a súa historia dun xeito directo, aberto e autocrítico. Un relato construído mentres a ferida segue aberta, porque as secuelas aínda non foron reparadas e o seu testemuño terá toda a visceralidade propia dun caso aberto.