CEDEIRA RECUPERA O PROGRAMA CANTOS E CONTOS AO SOLPOR CON QUICO CADAVAL E BLACK ACOUSTIC

O programa Cantos e contos ao solpor recupera a súa presenza dentro da vida cultural da vila con dúas novas citas previstas para os días 15 e 22 do presente mes de setembro. Nas dúas ocasións a praza do Concello será a referencia para asistir a uns concertos que darán comezo ás oito da tarde.

A programación arrincará este sábado (día 15) coa actuación de Black Acoustic, grupo musical que interpreta música soul, redescubrindo grandes clásicos como Aretha Franklin e Stevie Wonder, entre outros. O dúo está formada por Iria Mejuto na voz e Richi Rozas na guitarra.

A actuación do sábado día 22 correrá a cargo de Quico Cadaval, actor, director e narrador galego, ademais de impulsor do movimiento de radioteatros xurdido en Galicia na década dos noventa. Tamén é o autor de textos como “O códice clandestino”, “O rouxinol de Bretaña” para la compañía O Moucho Clerk, e “Espantoso”, premio María Casares ao mellor texto orixinal na edición do ano 2002.