CEDEIRA PROMOVE UNHA EXPOSICIÓN PARA SENSIBILIZAR DO PREXUÍZO QUE FAN AS PLANTAS INVASORAS AO MEDIO AMBIENTE

O Concello de Cedeira aproveita estes días o espazo público do antigo punto de información turística para que a veciñanza identifique as especies vexetais invasoras máis comúns en Galicia e evite contribuír á súa propagación.

A mostra reúne imaxes de oito plantas coas que a Concellería de Medio Ambiente de Cedeira pretende concienciar á cidadanía e trasladarlle a necesidade de evitar a plantación de estas especies en espazos privados e non contribuír á súa expansión nin danar o medio ambiente.

Camilo Casal, responsable da área, advirte das consecuencias negativas que para a flora autóctona supón a presenza de especies invasoras, como poden ser o plumacho da Pampa ou as acacias, tamén coñecidas como “mimosas”, para a conservación das que son propias do territorio. Casal invita a toda a veciñanza a visitar a exposición como o seu primeiro xesto de colaboración para erradicar as plantas que son impropias de Galicia.