As persoas que precisen contedores para eventos ou actos particulares, de clubs ou asociacións, poden solicitalos ao Concello seguindo os trámites que se especifican a continuación:
SOLICITUDE DE CONTEDORES
- Número de contedores que se solicita.
- Evento para o que solicitan os contedores.
- Datas do evento.
- Outra información que se considere de interese.
Pódese descargar a solicitude na seguinte ligazón:
Unha vez entregada a documentación necesaria, o Concello de Cedeira ten un prazo máximo dun mes para comunicar a concesión ou denegación dos contedores solicitados.