Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O DEPORTE CEDEIRÉS HOMENAXEOU NA SÚA FESTA AO MESTRE E DEPORTISTA JUAN ANTONIO RODRÍGUEZ BUSTABAD

Cedeira celebrou a vixésima edición da súa Festa do Deporte, un evento no que se recoñeceron os logros do último ano e no que tamén desta volta se quixo homenaxear as aportacións de persoas ou grupos que son importantes para facer equipo, para defender valores de cooperación e superación ou para infundir ánimo aos compañeiros e compañeiras. O Concello recoñeceu o traballo de cada unha das entidades, e cada unha delas decidiu e entregou os seus premios, nun evento que un ano máis tivo lugar nun Polideportivo Municipal ateigado de xente.

Os recoñecementos comezaron pola mención especial en lembranza de Juan Antonio Rodríguez Bustabad, falecido recentemente, ao que se recordou como un exemplo na transmisión de valores tanto na súa faceta de mestre como na de deportista. Rodríguez Bustabad pertenceu ao Club de Remo e ao de Badminton e con eles acadou diferentes premios galegos e nacionais.

A continuación comezou a entrega de premios aos diferentes clubs de Cedeira.

Club Natación Cedeira Mobles García: premio ao equipo de triatlón da Liga Nacional, formado por Francisco Bellas Crespo, Juan Piñón Bereijo, Manuel Muíño Pérez, Damián Suárez Couto, Samuel Sánchez Grandal e Lucas Riola Delgado. Premio ao mellor nadador a Teo Sanesteban López. Premio á nadadora de braza Andrea Freire Pernas. Premio á triatleta Irene García Nebril e premio de atletismo a Martín Otero Villadóniga.

Club Apader: premios para Óscar García Rivas e Maricarmen Iglesias Freire.

Club de Fútbol Cedeira S.D.: premios para Manuel Sande Leonardo e Jesús Pérez García.

Club Discalzas S.D.: premios para María del Pilar García Prados e Carmen Cal Fernández.

Club Baloncesto Cedeira: premios para José García Santiago e Miguel Cribeiro Galego.

Club Mergullo Cedeira: premios para José García Santiago e Miguel Cribeiro Galego.

Club de Remo Cedeira: premios para Candela Martínez Pernas e Lucía Bellas Prieto.

Club de Pádel Cedeira: premios para o equipo feminino do club, para Alex Piñón Rodríguez e para Iago Rivas Ramos.

Club Ciclista Punta Candieira: premios para Alberto Serantes Guzmán e Miguel Ángel López López.

Sociedade Deportiva de Caza e Pesca: premios para Erik Iglesias Meizoso e Andrés Pernas Díaz.

Street Dance School: premio para os grupos Ohanas Team e Gen Mamba Team.

Club deportivo IES Punta Candieira: premios para Nawal Trih, Lorena Lea Pascoe, Carme López, Pablo Fanego, Adrián Barcia, Antón López, Manuel Hermida e Alanis Nallely Villanueva.

Ximnasia Cedeira: recibiu o premio do Concello como clube (non compite).

Club Karate Cedeira: premios para Federico Barinaga, Pablo García Yáñez, Xabier Pérez González e Elisa González López.