Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O CONCELLO DE CEDEIRA PUBLICA AS BASES PARA A CONTRATACIÓN DE CATRO SOCORRISTAS ESTE VERÁN

O Concello de Cedeira acaba de publicar no Boletín Oficial da Provincia o anuncio das bases reguladoras que rexirán a contratación de catro socorristas para prestar o servizo de vixilancia, rescate e salvamento nas praias da Madalena e Area Longa. As persoas interesadas teñen cinco días hábiles, ata o vindeiro venres, para presentar as súas solicitudes.

Os/as catro socorristas serán contratados durante dous meses, con xornada completa. Deberán contar co título Celga 3 de galego e estar inscritos/as no Rexistro Profesional de Socorrismo, Información e Primeiros Auxilios de Galicia e a selección realizarase a través dunha proba tipo test e unha entrevista personal. No anuncio publicado onte no BOP está a solicitude que as persoas interesadas deben cubrir para presentarse ao proceso.