Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O CONCELLO CONTINÚA A PROMOVER A COMPOSTAXE DOMÉSTICA

Continuando co seu programa de promoción da compostaxe doméstica, o Concello de Cedeira repartíu esta semana 15 novos composteiros cos seus correspondentes aireadores e caldeiros, a outras tantas familias que así o solicitaron, ademáis do reparto tivo lugar a correspondente xornada formativa.

Desta volta, o programa de tratamento de biorresiduos in situ avanzou grazas ao cofinanciamento polo fondo europeo relativo ao mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, mediante as axudas convocadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Con estas accións, o Concello pretende reducir a proporción de materia orgánica que remata na bolsa do lixo, e avanzar cara un sistema de recollida e xestión de residuos máis sostible e eficiente.

Lembrar a toda a veciñanza interesada en participar neste programa que poden solicitar o dispositivos de compostaxe durante todo o ano e, ás persoas que realizaron a solicitude e non obtiveron composteiro desta volta, que permanecen na lista de agarda para a vindeira convocatoria de entregas.