Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, e conscientes de que temos que levar o compromiso da erradicación destes comportamentos na nosa sociedade todos os días do ano, desde o concello de Cedeira lanzamos este vídeo no que distintas voces, distintos rostros e distintos idiomas da nosa veciñanza poñen o acento nunha mensaxe: non estás soa.
Grazas a Fini, Laura, Rebeca, Estrella, Joseba, Mercedes, Lucía Hu, Denisa, Sara, Belar, María, Quique, Elvira, Hoda, Monya, Ermi, Mariano, Nicole, Rafa, Irene, Guadi, Malena e Josefa por poñer cara e voz a nosa mensaxe.