LUGNASAD
A última fin de semana de agosto acostuma celebrarse en Cedeira o Lugnasad, unha festa de tradición celta na que os/as noivos/as que participan renovan o seu matrimonio por un ano, nun rito diferente que ten como testemuño a praia de Cedeira.
Este ano chégase á cifra máxica do décimo aniversario. Pero a cita de Lugnasad inclúe outras actividades e celebracións.
O programa deste Lugnasad 2018 é:
VENRES 24 DE AGOSTO
21.00 h – Pregón a cargo de Germán y Peggy de Sahagún (León) y Lima (Perú).
21.30 h – Actuación de Antonio Rodríguez Bustabad.
23.00 h – A noite dos Druidas. Queimada monumental.
24.00 h – Actuación do grupo Airoa.
SÁBADO 25 DE AGOSTO
12.00 h – Desfile.
12.30 h – Recepción das parellas polas autoridades. Foto de familia na Praza do Concello.
13.00 h – Presentación das parellas na Praza Roxa.
17.00 h – Xogos populares para nenos/as e maiores. Demostración de loita celta a cargo de membros do ximnasio GYM.
22.00 h – Actuación do grupo Asoaxe.
23.30 h – Celebración das Vodas Celtas.
00.00 h – Cea de época.
00.30 h – Actuación do grupo Farrapo de Ghaita.
A cerimonia da celebración das vodas celtas é gratuíta e este ano oficiarase sobre a area branca da praia de Cedeira. Para asistir á cea é necesario facer a reserva na oficina de turismo (Palacete municipal).
As parellas que queiran pasar un inverno agarimoso aínda teñen a posibilidade de apuntarse a través do correo electrónico: galiciamagica@galiciamagica.com.
Máis información sobre o Lugnasad e a súa celebración:
Ir á páxina de Facebook de Lugnasad de Cedeira
608 292 186