Exposición
EXPOSICIÓN
A riqueza xeolóxica do territorio de Cedeira tamén está estes días presente na terceira edición da Feira de Minerais que, ata a xornada do 10, estará aberta ao público no centro comercial Área Central de Santiago de Compostela.
O Concello cedeirés, xunto aos de Cariño, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño, participa do proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal, unha iniciativa que agora chega á capital galega da man do xeológo Francisco Canosa con exposicións de minerais e rochas e charlas informativas. Estas últimas, que finalizarán o día 5, son á unha da tarde, agás o domingo, que dará comezo ás doce.