Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Obradoiro de Clown

Onde está a túa graza?
Impartido por Marián Bañobre
Datas: do 29 de xullo ao 2 de agosto
Lugar: Auditorio Municipal de Cedeira
Horario: de 10.00h a 13.00h
Idade: de 14 a 99 anos
Número de prazas: 12
Prezo público: 30 €
Inscrición ata o 22 de xullo
whatsapp 697479710 ou no correo electrónico noel.lopez@cedeira.gal
Non é necesaria experiencia previa.
Reserva de praza por rigoroso orde de inscrición. Unha vez confirmada a praza, notifacaráselle a persoa interesada como formalizar a mesma.

“A través do traballo de clown exploramos outra maneira de estar no escenario. Xa non actuamos, simplemente somos. Mostrámonos vulnerables ante o público e deixamos que xurdan as ferramentas que cada un de nós temos para saír ao rescate. A través do xogo, o pracer e a honestidade reconectamos con esta parte inocente, atrevida, divertida e libre que levamos dentro.
Nesta festa dos fracasos, na que estamos abertos e dispoñibles para que nos queiran como somos, temos unha gran misión: conseguir a complicidade, a risa e a emoción do público.”

Marián Bañobre
Debuta como actriz de teatro aos 15 anos e dende entón participou en medio cento de producións profesionais dentro e fóra de Galicia, non só como intérprete, senón tamén como clown, creadora-directora escénica e deseñadora de vestiario.
Paralelamente participa como actriz en producións audiovisuais e desenvolve o seu traballo como docente, principalmente en técnicas de clown e creación escénica. Ademais, é licenciada en Socioloxía, disciplina que aplicará de forma transversal nas súas creacións e no seu xeito de entender as artes escénicas.
Conta con cinco Premios María Casares: Mellor Actriz Secundaria por Tartufo de Teatro de Ningures, Mellor Actriz Protagonista por Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios de Ibuprofeno Teatro, Mellor Vestiario por O Furancho de Ibuprofeno Teatro, Mellor Dirección e Adaptación (xunto a Santiago Cortegoso) por Invisibles de Redrum Teatro.