Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Exposición temporal “Marzo: Mes da Muller”

Este evento terminou

Dende o 5 de marzo exposición permanente que pretende visualizar e poñer en valor o papel da muller en tódolos ámbitos, promovida pola Concellería de Igualdade de Cedeira.

Horario de martes a domingo de 10.30 a 13.30h.
Adultos 2€
Menores de 7 anos gratis.
Nenos entre 7 e 10 anos 1€

Aexposición polo 8M e que reúne tres mostras diferentes. Por unha banda, a colección de fotografías “Mar de Mulleres”, obra da fotógrafa e artista gráfica Noelia Blanco, propietaria do estudio Akelarre na localidade, na que retrata a traballadoras do mundo do mar. Tamén están no Mares unha colección de cartaces antigos da celebración do 8M e a mostra “Di non contra a violencia de xénero” con viñetas da debuxante Sex (María José Mosquera), nas que a través do seu humor ácido pon de manifesto as desigualdades cotiás que viven as mulleres tanto no fogar como no traballo. Estas dúas últimas exposicións foron cedidas polo Concello de Ortigueira.