ESTRUTURA DO DEPARTAMENTO DE MOCIDADE
O departamento de Xuventude do Concello de Cedeira atópase na Casa do Concello (rúa Real nº 15), e está dirixido pola concelleira-delegada Carmela Prieto Cal.
Desde este departamento coordínanse, xunto coas concellerías de cultura e deportes, as actividades que teñan como obxectivo específico a mocidade.
O departamento de Ensino do Concello atópase tamén na Casa do Concello (rúa Real nº 15), e está dirixido pola concelleira-delegada Ermitas García Ríos.
Esta área xestiona todos os asuntos relativos aos centros de ensino do Concello.
O departamento de Ocio e Tempo de Lecer atópase na Casa do Concello (rúa Real nº 15), e está dirixido polo concelleiro-delegado Manuel Martínez López.
Desde aquí trabállase especificamente nas actividades de educación non formal como colonias de verán e o centro xuvenil municipal.